O interés pola aprendizaxe das linguas estranxeiras é un tema que xa está presente nos inicios do instituto nos anos 40 do século pasado. A directora e fundadora do centro, dona Pura Lorenzana, alentada por esa preocupación de que as alumnas (ata o ano 1985 foi instituto feminino) e o profesorado dominase os idiomas estranxeiros, tiña acordado un proxecto co Ministerio de Educación Nacional para a creación en Inglaterra ou Francia dun edificio que servise de Residencia de Verán para que escolares, postescolares e profesorado puidese seguir cursos de perfeccionamento do idioma deses países. A pesar de que este proxecto non se levase a cabo, ao tomar posesión dona Pura Lorenzana do cargo de Inspectora Extraordinaria de Ensinanza Media e abandonar o centro no ano 1956, ese interés seguiu sendo dende entón unha prioridade no proxecto educativo de centro. Prioridade que se materializa nun obxectivo claro: o instituto debe garantir o dominio das linguas oficiais de Galicia, galego e castelán, e potenciar o coñecemento e o dominio de linguas estranxeiras, tan necesario na sociedade multicultural e globalizada en que vivimos. Este obxectivo toma como referencia o proposto polo Consello da Unión Europea sobre o papel que o sistema educativo debe desempeñar para conseguir facer moito máis xeral falar dous idiomas ademais da lingua materna.
No noso centro, ademais de garantir o dominio das dúas linguas cooficiais, apostamos por facer efectivo o obxectivo do Consello da Unión Europea de rematar o ensino secundario cun bo dominio de tres idiomas estranxeiros: o inglés, como primeira lingua estranxeira común a todo o alumnado, o francés ou o alemán, que se poden escollar como segunda lingua estranxeira, e o portugués , cuxa aprendizaxe resulta doada por ter unha orixe común co idioma propio de Galicia, o galego, e sumamente atractiva dende o punto de vista cultural e económico que non só permite unha comunicación máis aberta co noso país veciño, Portugal, senón que ademais abre portas de futuro a países de fala portuguesa cun grande porvir: Brasil, Angola e Mozambique.
Consideramos que o noso alumnado é sumamente afortunado por ter dúas linguas oficiais, galego e castelán, que lle permiten abrir horizontes comunicativos en países de fala hispana e de fala portuguesa. Coa suma doutros dous idiomas, o inglés, xunto co francés ou alemán, o horizonte amplíase moitísimo máis. Este perfil de dominio lingüsítico é o que se vén potenciando dende hai moitos anos no centro e para iso desenvolvénse multitude de actividades, dende clases con lectores nativos, intercambios con diferentes países (Inglaterra, EEUU, Australia, Portugal, Francia, Alemaña e Noruega), programas de inmersión lingüística en Irlanada, preparación dos diplomas regrados (B1, B2, C1) dentro do horario lectivo, etc.
O noso instituto adquire o estatuto de centro pluirilingüe no ano 2011: dende entón pasa a identificarse como IES Plurilingüe Rosalía de Castro. Esa condición supuxo que en tódolos niveis da ESO se dean algunhas materias integramente en inglés:
1º ESO: Xeografía e Historia.
2º ESO: Xeografía e Historia e Física e Química.
3º ESO: Bioloxía.
4º ESO: Xeografía e Historia e Matemáticas.
No Ciclo Superior de Axencias houbo unha Sección bilingüe en inglés dende o ano 2014 ata o 2018, cando adquiriu a condición de Plurilingüe (PluriFP).
| INICIATIVAS | DESTINATARIOS | RESPONSABLES | METODOLOXÍA | TEMPORIZACIÓN |
|---|---|---|---|---|
Programa de inmersión lingüística en Irlanda: 3 semanas |
1ºESO |
Vicedirección e Departamento de inglés |
Inmersión lingüística en familias e asistencia á clase en centros irlandeses. 2 estudantes como máximo do noso centro. |
Mes de setembro. O alumnado marcha nos primeiros días de setembro e volve antes do 20. |
Intercambio de 29 días no Hockerill Anglo-European College, Inglaterra |
3º ESO | Vicedirección e Departamento de inglés |
Inmersión lingüística en familias e aisitencia á clase no colexio de Hockerill. |
Alumnado do Rosalía vai a principios de setembro; o alumnado de Hockerill vén en maio. |
Intercambio curto co Hockerill Anglo-European College, Inglaterra |
3º ESO | Vicedirección e Departamento de inglés |
Inmersión lingüística en familias e aisitencia á clase no colexio de Hockerill. |
Estancia de 10 días. O noso alumnado vai arredor de Semana Santa e o alumnado inglés vén en outubro. |
Intercambio curto co Naperville Central High School, Chicago |
1º Bacharelato | Vicedirección e Departamento de inglés |
Inmersión lingüística en familias e aisitencia á clase no colexio de Chicago. |
Estancia de 20 días. O noso alumnado vai no mes de setembro e os americanos veñen arredor de Semana Santa. |
Estancias de curso enteiro en países de fala inglesa |
ESO e
1º Bacharelato |
Vicedirección e Departamento de inglés |
Inmersión lingüística en familias e asiste a un centro todo un curso. De volta, convalida os estudos. |
Todo o curso. |
Preparación dos diplomas regrados |
ESO e Bacharelato | Vicedirección |
Clases para a preparación dos diplomas regrados B1, B2, e C1 que organiza o centro e se imparten na academia |
Desde outubro ata maio. 2 sesións de 50 minutos cada semana. |
